
Alén dos de Lalín e Meaño, a comunidade de “polígonos FTTH” da provincia de Pontevedra incrementouse este ano cos complexos industriais de Tremoedo (Vilanova de Arousa) e A Portela (Cangas). A estes 4 uniránselles en datas os vindeiras os polígonos de Agolada, Ribadil (A Cañiza), Afieiras e Mirallos (Moraña) e Chan da Ponte (Salvaterra do Miño), que acubillan, entre todos eles, arredor dun centenar de empresas. Con estes e outros datos, ao peche deste ano a comunidade de parques industriais da provincia beneficiados polo dito Plan (dende o seu inicio en 2016) estará integrada por 28.
Os polígonos acabados de beneficiar, incluídas as 47 empresas das áreas de negocios de Lalín e Meaño, poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.
Prazos e orzamento
O Plan xa completou o despregue en 68 polígonos da Comunidade e este ano chegará a outros 13 máis. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mbps. Estes despregues supoñen un investimento total de 5,2 millóns de euros, dos que 3,4 son subvencionados pola AMTEGA e co-financiados ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Case medio centenar de empresas dos polígonos de Lalín e Meaño contan xa con Internet de ata 350 Mbps
Compartir Este Artigo
