A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da AMTEGA, inicia un ciclo de doce charlas informativas sobre o uso de dispositivos móbiles. Estas actividades están dirixidas, preferentemente, a persoas maiores pero poden acudir todas as persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos na utilización dos dispositivos móbiles.
Os contidos, explicados dunha forma amena e sinxela, están orientados para que os asistentes saquen o máximo dos seus dispositivos móbiles. Desde o uso de aplicacións e recursos orientados á planificación de viaxes, aos trámites electrónicos, á lectura, á fotografía e o vídeo ata o pago por internet ou as aplicacións relacionadas coa saúde e os coidados para una madurez mais activa.
Estas actividades informativas son gratuítas e desenvolveranse dunha charla cada semana dende mediados de setembro ata primeiros decembro, en horario de 10:30 a 12:00 horas. Estas charlas poden seguirse en streaming dende calquera das dezasete aulas CeMIT que participan e que ofertan un total de 1500 prazas.
As aulas que retransmitirán algunha ou todas estas actividade son: Ames, Arzúa, Beariz, Betanzos, Carballedo, Cuntis, Fisterra, Guitiríz, Marín, Ortigueira, Padrón, Pontedeume, O Porriño, San Sadurniño, Santa Comba, Valga e Vilanova de Arousa.
É recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada unha dos seminarios ou inscribirse en calquera delas a través de Internet na web do CeMIT, sendo o único requisito esixible o de ser usuario da Rede.
Un ciclo de seminarios en liña instruirá aos maiores no uso de dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo

