Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A investigadora do CITIC Susana Ladra, finalista nos MSCA 2018
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A investigadora do CITIC Susana Ladra, finalista nos MSCA 2018

Redacción
Publicado: 27/09/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

susana_ladra-2.jpgSusana Ladra, investigadora principal do proxecto BIRDS (liderado polo centro CITIC da Universidade da Coruña), foi seleccionada como finalista nos Premios Marie Sklodowska-Curie Actions MSCA 2018, que gratifica aos investigadores máis prometedores entre os financiados cunha MSCA, e é outorgado pola Presidencia Austríaca do Consello da Unión Europea. Como lembraremos, o proxecto internacional BIRDS (Bioinformatics and Information Retrieval Data Structures Analysis and Design) está liderado por investigadoras e investigadores da área de Ciencias de Datos e Información do CITIC.
Está financiado pola acción Marie Sklodowska-Curie (RISE) de intercambio de persoal de investigación e innovación pertencente ao programa de financiamento de I+D da UE Horizonte 2020 (proxecto con referencia 690941). No proxecto, ademais da UDC, participan universidades de Finlandia, Xapón, Australia, Chile e Portugal. BIRDS xorde da necesidade de mellorar o procesamento de grandes volumes de datos existentes en diferentes eidos de aplicación como a bioinformática ou a recuperación de información.
Polo que se refire ao papel xogado por Susana Ladra no dito certame, presentouse na categoría Bridging (career) paths, que premia aos receptores dunha MSCA con habilidades como mentalidade emprendedora ou vencello intersectorial, dada a colaboración do proxecto BIRDS coa empresa e a súa intención de realizar transferencia de coñecemento efectiva.
Segundo informa o centro coruñés, para optar ao premio, ademais duns CV, era necesario presentar un vídeo sobre o proxecto, que foi realizado polos servizos audiovisuais da UDC en colaboración co CITIC. O dez vídeos finalistas serán presentados durante a Conferencia MSCA 2018, que terá lugar os vindeiros 1 e 2 de outubro en Viena (Austria), e serán os asistentes á conferencia quen escollerán os proxectos gañadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?