O uso de contas familiares para acceder a servizos de streaming é algo moi habitual, xa que facilitan o uso por parte de varios usuarios a prezos reducidos, pero este tipo de promocións está limitada ao ámbito familiar, e dada a picaresca de moitos usuarios, que comparten contas familiares con outros usuarios cos que non teñen relación de parentesco como un xeito de pagar menos cada mes, dende Spotify están a comezar a tomar medidas, e nos últimos días detectáronse casos en EE.UU. e Alemaña nos que aos usuarios con conta familiar solicitábaselle o enderezo do seu fogar, ameazando coa posibilidade de pecharlles o acceso de non facer tal.
Estímase que a metede dos usuarios de servizos de streaming musical tiran proveito de contas familiares, que nos casos fraudulentos supón unha erosión dos ingresos das compañías, quedando agora por ver se comezarán a adoptar medidas para evitar estas prácticas. Dende Spotify non dan detalles do agresivas que serán as medidas que están a probar, pero resulta evidente que van ter que loitar contra os usos fraudulentos do servizo, xa que a compañía ten que render contas ante os accionistas, o que tamén levou no seu día a loitar contra as aplicacións non oficiais que permitían unha experiencia premium a usuarios de balde.
Spotify podería loitar contra o abuso das contas familiares
Compartir Este Artigo
