
Igual de variados son os seus intereses para participar na iniciativa de Telefónica: hai quen busca o seu primeiro traballo e quen busca unha oportunidade tras quedar en paro tras anos de experiencia en diferentes sectores, como informática, sanidade, administración, comunicación, gandaría, medio ambiente, enerxías renovables, turismo, comercio, hostalaría, educación, enxeñaría ou arquitectura, entre outros.
Os técnicos da Fundación Santa María a Real que realizaron o proceso de selección en cada cidade e que xestionarán o programa durante os próximos meses explican que cada lanzadeira está integrada por “un grupo heteroxéneo”, con experiencias moi variadas, cuxo labor agora é formar equipo e compartir un mesmo obxectivo: “axudarse mutuamente para mellorar as súas habilidades profesionais, emprender unha procura de traballo máis proactiva e coordinada, para contar con novas oportunidades laborais”.

Este cinco novas lanzadeiras que comezaron a funcionar súmanse ás 15 que funcionaron nos anos 2016 e 2017 en Galicia, con preto de 400 participantes, dos cales o 60% modificou a súa situación laboral: atopando traballo por conta allea, por conta propia ou desenvolvendo certificados de profesionais con prácticas laborais posteriores.
Até cen persoas desempregadas participarán nas cinco novas lanzadeiras galegas de Telefónica
Compartir Este Artigo

