Estes días estase a desenvolver en Fene unha innovadora actividade formativa para a mocidade local: unha cita cos recursos tecnolóxicos que abren o camiño para a creación dos nosos propios recursos tecnolóxicos. Trátase do curso Robótica para comerse o tarro, no que están a participar rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos, no CCRD de Perlío (Fene). A actividade, que se celebra ata o 2 de febreiro, vén da man da Concellería de Benestar Social que dirixe Juana Barro.
Ao longo do obradoiro abordaranse materias como programación, Minecraft, realidade aumentada, as posibilidades da ferramenta Scratch, unha introdución aos prototipos 3D e simulacións con robots ou novas tecnoloxías. As sesións estanse a desenvolver cunha sesión por semana, aproximadamente. As seguintes citas serán o 29 de decembro, os sábados 12, 19 e 26 de xaneiro e o 2 de febreiro (en todos os casos, en horario de mañá, con horario de 11,30 a 13 horas). O obradoiro inclúese no programa Mocidade Activa de prevención de condutas aditivas entre a mocidade que impulsan os concellos de Fene, Neda e Mugardos co apoio da Consellería de Sanidade.
A mocidade de Fene métese de cheo na robótica e na programación
Compartir Este Artigo

