
Campos Conde sinalou que “con este novo proxecto impúlsase este enclave excepcional, xa que é a única cova de Galicia con evidencias de ocupación de Homo Neardenthalis e Homo Sapiens na Península Ibérica, ademais é un dos xacementos paleontolóxicos mais importante de Europa para o estudo do oso das cavernas, e tamén é onde se atopan as primeiras descubertas de arte rupestre paleolítico no norte peninsular”.
O presidente engadiu “que a creación deste museo é unha vella demanda dos veciños de Triacastela, xa que reclamaban un espazo onde coñecer in situ os achados que se realizan nas campañas de escavacións da cova, coas que tamén colaborou o Goberno da Deputación”.
A Deputación de Lugo impulsará unha web sobre a Cova de Eirós
Compartir Este Artigo

