O Consello da Cultura Galega (CCG) acolle este xoves unhas xornadas dirixidas a compartir coñecemento e xerar debate arredor dos fascismos dixitais. A cita, que se insire no ciclo Pensarmos (unha proposta da Sección de Pensamento do CCG que pretende reflexionar sobre temas de actualidade nun formato dialogado) contará coa presenza do xornalista e pensador Lluis Bassets e do editor Francisco Castro. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a coordinadora do ciclo, Carme Adán, inaugurarán a xornada, que se poderá seguir en directo a través do sitio web da institución.
Nesta conversa procurarase explorar o fenómeno da postverdade, o rol que a mentira propagada a través das redes sociais está a xogar na toma de decisións políticas, a dificultade de distinguir o verdadeiro do falso, o neofascismo, a posibilidade de que se tomen decisións políticas a golpe de algoritmo ou a necesidade dunha lexislación que protexa da falsidade na Internet.
Lluis Bassets e Francisco Castro falarán este xoves en Compostela de fascismos dixitais
Compartir Este Artigo

