
O acordo, presentado pola directora da axencia autonómica, Mar Pereira, facilitará o acceso a contidos elaborados por expertos de primeiro nivel en tecnoloxía que esta consultora internacional ten ao redor do mundo. Pereira apuntou tamén que a axencia contará co asesoramento especializado de Gartner na elaboración da futura estratexia dixital post 2020.
Por outra banda, a directora da AMTEGA (que foi a encargada de clausurar a xuntanza) destacou a importancia que “o actual Goberno galego lle dá á tecnoloxía como elemento transversal cun departamento baixo a tutela directa da Presidencia, unha axencia concibida para sumar esforzos de cara a transformación dixital da Comunidade”.
Na cita de hoxe participaron uns 120 representantes das principais organizacións tecnolóxicas e empresariais de Galicia. Celebrouse no Centro Obra Social Abanca no 19 da praza de Cervantes co obxectivo de “enriquecer o ecosistema tecnolóxico e dixital de Galicia”.
AMTEGA e Gartner inician unha colaboración estratéxica
Compartir Este Artigo

