A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), puxo en marcha no mes de febreiro un proxecto de gran relevancia vindeira para a formación das nosas e dos nosos integrantes do tecido produtivo, apoiado por senlleiras/os representantes do noso tecido TIC, aeronáutico e aeroespacial. Trátase do proxecto Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias. Segundo informan as entidades impulsoras da iniciativa, esta pretende realizar unha análise prospectiva e de tendencias con impacto no emprego Galicia 2030.
A finalidade última será dispor dun catálogo completo de perfís vindeiros e definir sobre esta base un conxunto de novas titulacións e especialidades universitarias acorde ás necesidades e esixencias da sociedade e o mercado laboral do día de mañá.
Para iso, contouse coa colaboración de axentes relevantes de Galicia proporcionando opinións, experiencias e información de gran valor para a consecución dos obxectivos do proxecto. A listaxe de axentes está conformada polos seguintes profesionais: Jaime Pereira e Jaime Berredo (Aerocamaras), Aquilino Abeal (Aeromedia), Luis Aceituno (AGASINT/Imatia), Neves Seoane (CIAR), Fernando Aguado (CINAE), Arno Fornella (EEAE – Universidade de Vigo), Iago Gómez (Centro Tecnolóxico Gradiant) e Analía López (Instituto Tecnolóxico de Galicia, ITG).
Educación, FEUGA e o noso tecido de I+D xuntan forzas a prol das profesións do futuro
Compartir Este Artigo

