
Estas son as catro liñas devanditas:
-Medidas que impulsen a creación dunha potente industria das telecomunicacións e as tecnoloxías da información en Galicia, que atraia a empresas foráneas ao seu establecemento na nosa terra.
-Iniciativas que empurren a creación de empresas con base tecnolóxica e centradas nos datos, que fagan uso de tecnoloxías e ámbitos TIC como a Intelixencia Artificial, a información a gran escala (Big Data) ou a ciberseguridade.
-Medidas que impulsen a formación dun denso tecido de profesionais altamente capacitados: enxeñeiros de telecomunicación, científicos do dato, programadores, etc.
-Accións que fagan avanzar a transformación da industria en Industria 4.0 a través das TIC.
Segundo as palabras do decano do COETG no seu discurso, trátase dun programa de acción dirixida “a converter a Galicia nunha comunidade líder en Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información”. O documento pódese descargar en PDF na ligazón Medidas CGES.
O COETG presenta un programa de iniciativas para impulsar o noso desenvolvemento
Compartir Este Artigo

