A AMTEGA convoca máis de 550 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX), convocatoria aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 Ofimática baixo o paquete de LibreOffice.
A inscrición a estas probas remata o 4 de abril e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.
As probas presenciais celebraranse os días 8, 9 e 10 de maio en diversas quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 38 concellos (Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Narón, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Carballedo, A Fonsagrada, Lugo, Ribadeo e Sarria na provincia de Lugo; O Barco, Castro Caldelas, Celanova, Leiro, Ourense e Xunqueira Ambía na provincia de Ourense; e A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra), que suman un total de 570 prazas dispoñibles.
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 Ofimática do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
– Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
– Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
– Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer
– Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2019, que terá a súa continuación no segundo semestre do ano con novas convocatorias dun cursos de teleformación titorizada con exame final e outra convocatoria de probas presenciais libres na modalidade autoformativa
Convocan máis de 550 prazas libres para obter o CODIX
Compartir Este Artigo

