A Fundación Catedral de Santiago vén de iniciar estes o proceso de dixitalización de varias das pezas artística de gran valor histórico e artístico que atesoura o museo do templo compostelán. O obxectivo destes traballar é crear modelos tridimensionais. Trátase dunha iniciativa abeirada ao proxecto O Teu Xacobeo, que impulsa a Xunta de Galicia, e que tamén inclúe tours virtuais sobre o Camiño, unha aplicación autoguiada de Realidade Aumentada e unha revista divulgativa con modelos en 3D de diferentes valores patrimoniais de cada territorio ligados ao Camiño.
En termos máis concretos, a fundación informa de que os traballos actuais comezaron con varios relicarios e os sepulcros do Panteón Real, un labor de dixitalización (e posterior divulgación) que será estendido a outras pezas expostas no Museo Catedralicio, así como a determinadas esculturas da fachada de Praterías e a Porta Santa, a que ten o acceso á praza da Quintana.
A Fundación Catedral de Santiago engade que en total fotografaranse e escanearanse uns 75 elementos, o que permitirá crear unha base de datos documental de gran importancia para a conservación e difusión do patrimonio xacobeo do templo compostelán. As imaxes difundidas dos labores que están a realizar correspóndense ás tarefas desenvolvidas no Panteón Real.
O Museo da Catedral de Santiago dixitalizará 75 pezas artísticas do seu patrimonio
Compartir Este Artigo

