Este luns vaise celebrar no Campus de Ferrol unha xornada de utilidade para informarnos dos nosos dereitos e obrigas á hora de salvagardar, nos eidos empresariais, a información propia e allea ao abeiro das novas canles dixitais. Trátase da xornada Dereito á intimidade e protección de datos no ámbito laboral, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña (UDC), coa colaboración da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF).
Segundo salientan estas entidades, na sesión tratarase un tema moi actual e de gran interese dende a perspectiva empresarial, “tendo en conta a xeneralización do uso de medios dixitais (recursos informáticos, sistemas de control de acceso dactilar ou biométrico, medios para o tratamento de datos derivados da vixilancia da saúde, etc)”.
Participarán na xornada, entre outros:
· Eider Larrazabal Astigarraga. Profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade do País Vasco. A relación empresa-persoa traballadora e a protección de datos no ámbito laboral. Obrigas e dereitos.
· Isabel Olmos Parés. Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Mesa redonda O ámbito da intimidade na prestación laboral: límites, condicións e casos práctico.
· Elena Mancha de Espinosa. Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Coruña. Mesa redonda O ámbito da intimidade na prestación laboral: límites, condicións e casos práctico.
· Representantes da CIG, UGT-Galicia, SN de CCOO e da CEG. Mesa redonda A privacidade e o dereito no ámbito laboral.
A xornada terá lugar no salón de actos do Campus Universitario de Esteiro, de 9,15 a 14,00 horas, o luns 25 de novembro de 2019, e contará con un servizo de intérprete de lingua de signos. Para asistir, podemos facer a inscrición nas seguintes contas de correo electrónico: formacion.cgrl@xunta.gal, decanato.fct@udc.es, info@empresarios-ferrolterra.org.
A protección de datos laborais na era dixital, polo miúdo este luns en Ferrol
Compartir Este Artigo

