A empresa eléctrica Naturgy vén de subir un novo chanzo en materia de innovación de negocio e optimización dos seus servizos. E faino da man de Amazon, o xigante do comercio electrónico mundial, con quen vén de subscribir un acordo para optimizar as relacións con clientes. En termos máis concretos, a alianza permitirá aos usuarios de Naturgy acceder a descontos nas súas compras en Amazon, simplemente entrando na tenda online dende a área de clientes da compañía eléctrica. Os descontos aplicaranse na factura enerxética do cliente.
Ademais, Naturgy estará presente no pop-up que Amazon abrirá entre o 28 de novembro ao 1 de decembro en Madrid, así como na web Amazon.es con campañas especiais de Black Friday e Nadal ata o 31 de decembro.
Jose Luis Gil, director de Clientes e Mercados de Naturgy, sinala que “incorporamos novos servizos e ofertas para os nosos clientes, evolucionando e apostando por unha contorna máis dixital, tratamos, en definitiva, de facilitar, axilizar, simplificar e achegar valor a todos e cada un dos nosos usuarios.
Este acordo na estratexia de transformación e impulso á dixitalización de Naturgy e constitúe, nas súas palabras, “un paso esencial nas novas formas de establecer relación cos clientes”. A operadora eléctrica tamén destaca o acordo con Amazon como “un fito importantísimo que nos converte na primeira enerxética que subscribe un cash-back con Amazon”.
Naturgy sela un acordo con Amazon para mellora a experiencia dos seus clientes
Compartir Este Artigo

