Máis de 250 persoas participan hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) nunha xornada sobre ciberseguridade e delitos informáticos, organizada en colaboración co Sindicato Unificado de Policía (SUP). O evento formativo e divulgativo foi inaugurado polo director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva. Participou como relator o coronel Pedro Baños, experto recoñecido en materias como estratexia, xeopolítica, intelixencia, terrorismo, defensa e seguridade.
O obxectivo da conferencia é afrontar os desafíos de capacitación, adestramento e actualización que nos poñen diante de camiño as amezas informáticas: “Ante un escenario no que aumenta o número de denuncias interpostas e aparecen novas técnicas para a comisión do delito, é fundamental apostar pola formación e a actualización de coñecementos”, explican dende a AGASP e o sindicado SUP, engadindo que na xornada de hoxe abordaranse en detalle cuestións como as novas formas de delinquir, a prevención ou a complexidade técnica e xurídica na persecución destes delitos
A conferencia pecha para este ano a formación en seguridade pública impartida pola AGASP. En total, celebráronse case 600 cursos neste eido, que permitiron formar a máis de 8.000 axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado.
Máis de 250 persoas fórmanse na AGASP en novos delitos TIC
Compartir Este Artigo

