A empresa galega Altia, referente en desenvolvemento, consultoría TIC e protección de datos, deu a coñecer estes días pasados os cinco finalistas dos Premios Altia aos mellores Traballos de Fin de Grao (TFG), convocados pola compañía coruñesa xunto coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago. Trátase de Andrés Gómez, Jacobo Casas, Marcos Fernández, Sergio Rey e Silvia Rodríguez. O tribunal, composto por integrantes da Altia e da ETSE, salientou o gran nivel das contribucións achegadas.
Os cinco finalistas terán que defender os seus traballos ante o xurado o vindeiro 23 de xaneiro nas instalacións da empresa en Oleiros, A Coruña.
Esta iniciativa conxunta nace co obxectivo de “premiar o talento, a paixón e o esforzo do novo talento dixital dos alumnos do curso 2018/2019 do Grao en Enxeñaría Informática”. Por esta razón, estableceuse unha recompensa á gañadora ou gañador cun relevante premio de 1.500 euros.
Xa teñen finalistas os premios de Altia e a ETSE de Santiago
Compartir Este Artigo

