
O galardón está dirixido aos autores dos Proxectos Fin de Carreira dos graos en Enxeñería Industrial ou dos mestrados en Enxeñaría Industrial que se imparten na Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña (UDC), na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (Uvigo) e mais na Delegación de Galicia da UNED. Cada un dos centros opta a dous premios, un na modalidade de Proxecto Tradicional e outro na de Introdución á investigación.
O traballo galardoado
O TFM de Francisco Javier Rodríguez implicou o deseño e fabricación dunha nova cabeza para o robot humanoide chamado Poppy humanoid. Esta nova cabeza realizouse co obxectivo de aumentar as capacidades sensóricas e de actuación con respecto á cabeza orixinal, mediante a incorporación de novos elementos electrónicos. Ademais, dotouse dunha feitura amigable co fin de facilitar a interacción cos seres humanos. O Poppy inclúe un ordenador de placa reducida e unha placa microcontroladora para o control dos sensores, amais dun protocolo de comunicación cuxa finalidade é a de permitir a monitoraxe dos novos dispositivos agregados mediante a librería de control xa existente do robot.
O ICOIIG premia o deseño dunha cabeza de robot dun estudante da EPS de Ferrol
Compartir Este Artigo

