O Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo vai acoller unha formación especialmente indicada para os profesionais, autónomos e PEME que estean a encarar os principais retos e esixencias da chamada Administración Electrónica, un proceso que require, cada vez máis, que todo o que teña que ver coas tramitacións e comunicacións entre as administracións e as empresas se canalice pola vía dixital. A actividade de Novas Tecnoloxías, un curso de Iniciación á Facturación Electrónica de Administración Pública (FACE), desenvolverase a vindeira semana.
A formación, para a que se esixe un nivel de coñecemento previo baixo, terá unha duración de dez horas e impartirase do 3 ao 7 febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Hai 15 prazas dispoñibles. Así mesmo, o Concello de Lugo lembra que durante os vindeiros sábados 8 e 15 de febreiro, entre as 17:00 e as 19:00 horas desenvolveranse dúas titorías tecnolóxicas. As persoas interesadas en participar en calquera das dúas accións poderán inscribirse no propio centro, a través do número de teléfono 982.29.73.77 ou no correo electrónico novastecnoloxias@lugo.gal.
Novas Tecnoloxías de Lugo introducirá ás PEME e aos autónomos na facturación electrónica
Compartir Este Artigo

