A Biblioteca Durán Loriga vai ofrecer formación tecnolóxica para os escolares nunha nova edición do seu programa BiblioTech, abeirado ao amplo programa de divulgación para persoas de todas as idades que se están a desenvolver dende unha manchea de recantos da cidade baixo o selo Coruña Dixital. Polo que respecta a BiblioTECH, é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
A nova tempada de BiblioTECH ofrece varios obradoiros entre febreiro e abril para diferentes franxas de idade. Trátase das seguintes actividades formativas:
· Realidade Aumentada nos contos. Para nenos e nenas de 4 a 7 anos
· Hologramas e experiencias coa luz. Para rapazada de 7 a 12 anos.
·Taller de Música Electrónica: Hackeando Música. De 8 a 14 anos.
· TECH4girls. Obradoiro especial para nenas de 9 a 14 anos centrado en programación e robótica con motivo do Día Internacional das Nenas nas TIC.
A Biblioteca Durán Loriga ofrece formación TIC para escolares a través de BiblioTECH
Compartir Este Artigo

