Coincidindo coa celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia (este 11 de febreiro) e con vistas ao Día Internacional das Nenas nas TIC (o 23 de abril), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) lanzou a segunda edición do concurso #ApuntasTech?, destinado a impulsar as vocacións tecnolóxicas entre as rapazas. En termos máis concretos, o concurso ten o obxectivo de “xerar un catálogo de propostas específicas que fomenten vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre nenas de entre 10 e 15 anos (último ciclo de Primaria e primeiro de Secundaria)”.
En palabras do CESGA, “trátase de escoitar e reunir as ideas das e os protagonistas para gozar das TIC na aula de forma transversal, variada e inclusiva”. O reto baséase en achegar propostas “divertidas, emocionantes e innovadoras” que fagan uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación “dunha maneira creativa e transversal”, tanto con software como con hardware, onde as ferramentas son sexan só o obxectivo final, senón un medio.
O concurso ten 4 categorías, 2 para estudantes (Primaria, Secundaria e Preparatoria) e 2 para adultos (centros educativos e outros centros/institucións). Cada categoría ten un premio principal e dous accésits.
Toda a información respecto diso pódese atopar no noso sitio web do II concurso #ApuntasTech?
Este certame forma parte das actividades para celebrar o VII Día Internacional das Nenas nas TIC, o 23 de abril, o día en que se fará pública a decisión do xurado do concurso.
A iniciativa organízase en colaboración coa Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, e conta co apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas – Nodo Galicia e a Asociación .GAL
CESGA lanza o segundo concurso #ApuntasTech?
Compartir Este Artigo

