
Para quen non o saiba, os vídeos TED son pezas audiovisuais breves lanzadas na Internet polos membros da comunidade do mesmo nome, que xa levan preto de tres décadas botando luz sobre diferentes áreas do coñecemento con pequenos relatorios de entre 3 e 18 minutos.
O certame da USC está estruturado en dúas categorías, unha adicada a membros da comunidade universitaria e outra a membros da comunidade TED.
Na primeira modalidade, debe formalizarse a inscrición ata o 4 de marzo nun obradoiro de balde, de catro horas, no que se aprenderá como funciona a plataforma de tradución e subtitulado e advertir sobre os erros máis frecuentes da tradución inglés-galego. O taller será o xoves 12 de marzo de 16.00 a 20.00 horas. As 20 prazas cubriranse por orde de inscrición, con lista de agarda.
Logo, disporase ata o 12 de abril para realizar a tradución e subtitulado dun vídeoTED relacionado coas ciencias da saúde. O xurado decidirá cal é, dos vídeos presentados, o de maior calidade, o cal recibirá un premio de 250€ e un diploma honorífico. Todas as persoas que participen recibirán un diploma da USC de asistencia á actividade por catro horas así como unha constancia da experiencia de tradución e subtitulación.
Na modalidade destinada á comunidade TED, a inscrición debe realizarse enviando un correo electrónico a snl.concurso.subtitulacion@usc.es ata o 4 de marzo, indicando nome, DNI, e enderezo postal. Disporase tamén ata o 12 de abril para realizar a tradución ao galego e a subtitulado dun vídeo TED da área de saúde. O xurado decidirá cal é, dos vídeos presentados, o de maior calidade, o cal recibirá un premio de 150€ e un diploma honorífico.
Xa podemos participar en #TEDSaúde, certame de subtitulado de vídeos TED en galego
Compartir Este Artigo

