A unidade de Desenvolvemento e Produción TIC de Balidea vén de renovar por tres anos a súa avaliación de nivel 3 do Instituto CMMI de Integración de Modelos de Madurez de Capacidades (CMMI polas súas siglas en inglés, Capability Maturity Model Integrati, que analiza os procesos dentro dunha organización. Segundo informa Balidea sobre a avaliación, que foi levada a cabo pola compañía asociada Gesein, a certificación CMMI é “un marco de mellora de capacidades que proporciona ás organizacións os elementos clave para desenvolver procesos efectivos”.
Amais, engade a empresa con sede principal en Compostela, a avaliación do nivel tres de madureza indica que a forma de materializar os procesos na empresa “está ben definidaa”, o que significa que foi establecida e documentada e que existen métricas para a consecución e valoración de obxectivos concretos. En definitiva, di Balidea, “o conxunto de procesos estándar da organización, que é a base para a obtención do nivel de madureza de nivel 3, atópase establecido e mellorado co paso do tempo”.
A empresa galega tamén recorda que o Instituto CMMI é un referente mundial na promoción das boas prácticas empresariais orientadas ás persoas, os procesos e as tecnoloxías. O seu obxectivo é trasladar unha cultura empresarial de mellora continua que incremente o rendemento e poña en xogo vantaxes competitivas sustentables.
Balidea avanza en calidade e renova a súa avaliación de nivel 3 do Instituto CMMI
Compartir Este Artigo

