Nos últimos anos o formato das historias de Snapchat trasladouse a Instagram, Facebook e WhatsApp, e finalmente dende Twitter están a sucumbir ao seu éxito, polo que están a probar Fleets, nome que reciben a súas historias, que polo momento limítanse a dispositivos con iOS e Android no Brasil.
Como vén sendo habitual neste tipo de contidos, os Fleets só están visibles durante 24 horas, non permiten o rechouchío os gústames ou as respostas públicas (aínda que si é posible reaccionar mediante mensaxes privadas) e, en vez de estar dispoñibles dentro da cronoloxía, figuran no avatar de cada usuario, polo que o seu uso resultará moi familiar para os usuarios de Instagram.
Aseguran que aínda que as Fleets son moi semellantes ás historias de Instagram, no caso de Twitter buscan axudar a compartir os pensamentos das persoas, ou sexa, que queren ter un espazo para que a xente poida manifestarse, pero que sexa diferente ao dos chíos.
Non está nada claro que esta funcionalidade vaia pasar a formar parte de Twitter a nivel global, xa que todo dependerá da aceptación que teña no Brasil.
Twitter proba as súas historias no Brasil
Compartir Este Artigo
