Trala declaración do estado de alarma no Estado fronte ao COVID-19, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha “medidas extraordinarias” cara á reorganización dos seus servizos, habilitando como “norma xeral” a fórmula do traballo desenvolvido a través das novas ferramentas de comunicacións, agás nos servizos esenciais.
A atención ao público fica suspendida en todas as áreas, servizos e unidades, coas excepcións que se determinen para o mantemento dos devanditos “servizos esenciais”.
O traballo presencial ao 100 % na Deputación establécese unicamente para os centros clave, coma o Príncipe Felipe, que mantén toda a súa actividade e reforza o servizo e o persoal; o equipo de Prevención de Riscos Laborais; o equipo do Plan Revitaliza; a Finca Mouriscade e a Estación Fitopatolóxica Areeiro, aínda que so se atenderán cultivos en marcha e con medidas para que non coincidan máis de dúas persoas no laboratorio.
Nos demais departamentos, o persoal da Deputación que poida desempeñar o seu traballo a distancia e desde o seu domicilio realizará as súas funcións mediante a modalidade non presencial, ou sexa, en remoto.
A Deputación de Pontevedra traballará en remoto agás nos centros esenciais
Compartir Este Artigo

