Rakuten TV, a plataforma de cinema en streaming, vén de poñer un importante gran de area para facer o máis levadeiro posible o confinamento nos seus fogares de millóns de familias no ámbito estatal, por mor das medidas habilitadas polo Goberno para frear a pandemia de COVID-19. Esta contribución solidaria de Rakuten materialízase na dispoñibilidade de máis dun centenar de filmes de balde na plataforma, abertos para a toda a cidadanía a través da sección Free.
“Ante a situación excepcional que se está vivindo por mor da actual emerxencia sanitaria, a nosa intención é acompañar a todas aquelas persoas que permanecen nos seus fogares, para así, tentar que este período sexa o máis ameno posible para todas elas”, explican fontes da plataforma, ao tempo que engaden que se trata dunha das medidas da plataforma para contrarrestar o estado de alarma, “tentando transformar o cinema nunha fórmula de evasión durante este período de reclusión para miles de persoas”.
A listaxe de audiovisuais de balde inclúe longametraxes de Hollywood na canle Películas; a canle infantil Kids; e Rakuten Stories, espazo que xunta producións orixinais e exclusivas de Rakuten TV. Entre estas producións, os usuarios poderán atopar contido gratuíto de grandes personalidades do deporte, por exemplo, a serie oficial do Barça, Matchday: Inside FC Barcelona, o documental Inside Kilian Jornet e MessiCirque, a película documental que mestura a maxia do Cirque du Soleil e o futbolista Leo Messi. “A nosa idea é satisfacer os gustos de toda a familia, poñendo o foco tamén nos máis pequenos”, explican dende a compañía, engadindo que están a disposición das nenas e nenos filmes tan coñecidos como Manolito Gafotas, Oliver Twist ou Pérez 2.
Rakuten TV ofrece máis de 100 películas de balde na plataforma
Compartir Este Artigo

