
O novo paquete de medidas anti-pandemia tamén inclúe a suspensión do cobro das cotas a todos os residentes do SUR (Sistema Universitario de Residencias) e usuarios do resto de servizos, e máis a a creación dunha Oficina Virtual de Atención, destinada a “dar mellor servizo a toda a comunidade universitaria”, onde se atenderán demandas de información por vía telefónica, correo electrónico e WhatsApp.
A maiores, deuse forma a unha páxina web de Preguntas Frecuentes que está sendo actualizada para que os membros da comunidade da USC estean permanentemente informados.
Traballo en remoto
Por outra banda, a maiores do devandito habilitouse outro espazo en liña informativo sobre traballo en remoto que recompila recursos a disposición do profesorado e o alumnado que serán decote actualizados. Nesta liña, están a elaborarse titoriais que permitan coñecer mellor as ferramentas para a docencia en remoto e que se están a publicar na canle de Youtube oficial da USC.
A USC lanza axudas para garantir a teleformación de todo o seu alumnado
Compartir Este Artigo

