
Tamén lembran que nas redes dos centros socioculturais, baixo o cancelo #Compostelaquedanacasa, hai titoriais de actividades, vídeos musicais, recomendacións de lecturas, imaxes compartidas pola veciñanza, testemuñas e experiencias comunitarias, para “estarmos activos e en contacto co exterior sen saír da casa”.
Tamén recollen, nas distintas páxinas de Facebook, os avisos das autoridades, as recomendacións realizadas durante estes días polo Goberno local, e os servizos asistenciais e de apoio que está prestando o Concello a raíz da crise sanitaria da COVID-19.
No municipio de Santiago de Compostela hai 44 centros socioculturais, repartidos pola área urbana e polo rural. Varios deles contan con Facebook. Son os centros de Santa Marta, O Ensanche, Vite, O Castiñeiriño, As Fontiñas e Conxo. A estes cómpre sumarlle o dos locais socioculturais do rural e outros dous xenéricos baixo o nome de SantiagoSocioCultural e Barrios de Compostela.
Os centros socioculturais de Compostela envorcan esforzos nas redes para animar á veciñanza no Estado de Alarma
Compartir Este Artigo

