O operador galego R vén de facer balance dunha das súas medidas estrela de apoio social, sanitario e tecnolóxico durante esta crise do COVID-19 que estamos a vivir: a apertura da plataforma online TV Comigo en formato de balde para persoas hospitalizadas. Tras 15 días achegándose en gratuíto, R rexistrou unha cifra de 1.054 activacións (usuarios rexistrados), cada unha das cales pode desfrutarse ata en 5 dispositivos diferentes (móbil, tableta, PC…).
En palabras da compañía, “esta cifra dá mostra da boa acollida que tivo a iniciativa, lanzada por R o pasado 27 de marzo para todas as persoas que o precisasen, tanto se eran clientes da empresa como se non”. O obxectivo da operadora foi mitigar as consecuencias da crise sanitaria entre aqueles cidadáns que por desgraza tiveran que pasar estes días en centros hospitalarios, co fin de que puidesen acceder “aos mellores contidos de televisión”.
R lembrou no seu balance que con este servizo, os clientes poden gozar de forma gratuíta de máis de 50 canles, miles de contidos baixo demanda e a posibilidade de facer gravacións para velos máis tarde.

