O Plan DigiTalent impulsado pola axencia AMTEGA, mesmo con tantas cousas en contra como poñen no noso camiño este tempos de pandemia e COVID-19. Segundo informou a entidade autonómica que dirixe Mar Pereira, o plan sumou ao seu catálogo de actuacións a edición especial de Campus Dual, unha iniciativa impulsada polo Clúster TIC Galicia (asinante do Pacto Dixital e adherido a DigiTalent) e a UVigo e que pon ao noso alcance formación cen por cen de balde sobre programación de aplicacións (o seu obxectivo é atender a crecente demanda de perfís dixitais). O prazo de inscrición remata este xoves 23 e o curso comezará o vindeiro luns, 27 de abril.
Ante a situación creada pola COVID-19, o Campus Dual ofrece formación gratuíta e online, sobre programación para o desenvolvemento de aplicacións dirixido a estudantes de FP e de Universidade que están a acabar os seus estudos e non contan cunha empresa onde realizar as prácticas; e, doutra banda, a persoas con experiencia profesional en situación de desemprego por mor da crise sanitaria. En ambos os casos, as prazas son limitadas e efectuarase un proceso de selección. O prazo de inscrición, como dixemos, remata este xoves e o curso comezará o luns, 27 de abril.
Os cursos terán unha duración de 12 semanas e organizaranse en grupos de 9 alumnos e equipos de 3. Segundo informa AMTEGA, “trátase dunha formación empírica 100% semellante á que poida atopar un usuario nun posto de traballo, combinando sesións en grupo, aprendizaxe individual e traballo en equipo”. Amais, engade a axencia, todo o traballo realizarase en remoto, aplicando metodoloxías áxiles e apoiándose nas plataformas de colaboración dixital e de formación en liña máis utilizadas nas empresas.
DigiTalent engade ao seu catálogo os cursos gratuítos de programación do Campus Dual
Compartir Este Artigo

