O Concello da Coruña fixo balance da participación acadada a través do programa destinado a fomentar o exercicio da cidadanía durante o confinamento pola vía virtual: o programa da Concellería de Deportes En Liña, que, segundo fixo saber este departamento hai uns días, foi quen de superar as 100.000 visitas en Internet (logo dun mes da súa posta en funcionamento). Amais, a web específica da iniciativa acubilla xa un trintena de vídeos de exercicios deportivos adaptados a todas as idades.
Trátase de trinta audiovisuais creados e gravados polas monitoras e monitores das Escolas Deportivas Municipais, deseñados especificamente para practicar na casa durante o Estado de Alarma e adaptados ás distintas idades, distribuídos en vídeos de quecemento para todas as idades, vídeos para infantil e xuvenil (de 6 a 17 anos) e vídeos de exercicios para maiores de 18.
Amais, os responsables da páxina contabilizaron dende o inicio da experiencia deportiva virtual, lanzada para sortear os atrancos á actividade presencial que implicou o Decreto de Alarma e promover hábitos saudables durante o confinamento, un total de 24.178 descargas únicas. “Os datos evidencian a utilidade deste servizo público, no que son parte activa tanto monitoras e monitores das Escolas Deportivas Municipais como o persoal do propio servizo municipal e as/os técnicas/os das áreas de Informática e Innovación”, informaron dende a Concellería.
O programa deportivo En liña, lanzado polo Concello da Coruña, supera as 100.000 visitas
Compartir Este Artigo

