A empresa galega Improving Metrics presentou esta primavera, coincidindo coa crise sanitaria da COVID-19, un novo produto para o seu catálogo: un servizo que realiza medicións de temperatura corporal en tendas, oficinas e todo tipo de establecementos, a través de cámaras termográficas avanzadas e de última xeración.
Segundo fixo saber o equipo responsable da firma coruñesa, “non somos alleos á demanda deste tipo produtos por parte do mercado, de aí que establecéramos unha alianza con líderes tecnolóxicos como Flir e Hik Vision para, mediante Intelixencia Artificial, botar unha man aos empresarios e comerciantes que queiran asegurar os seus espazos de actividade coa precisión das cámaras de temperatura corporal”.
Este kit termográfico inclúe unha cámara termográfica dual de alta resolución (precisión de + – 0,5º) e software para visualización e recepción de alarmas, complementando estes recursos con instalacións dos mesmos en todo o territorio estatal e internacional.
Con esta tecnoloxía, asegúranse os seguintes aspectos empresariais e laborais: detección rápida da temperatura, posibilidade de detección de varios obxectivos á vez, longo alcance de detección, notificacións e alarmas en tempo real, localización sen axuda do contacto humano e baixo índice de falsas alarmas.
“Aplicando esta tecnoloxía neste momento, que podería ser obrigatoria nun futuro próximo”, informan dende a empresa galega, “faremos que os nosos empregados, visitantes e clientes sintan maior seguridade e confianza para acceder ás nosas instalacións ou ficar nelas máis tempo, elevando a súa satisfacción e mellorando a produtividade ou experiencia de compra”.
Improving Metrics achega cámaras termográficas para a medición da temperatura corporal en establecementos
Compartir Este Artigo

