
O catedrático falou das dúas opcións debatidas en Europa de aplicacións móbiles para rastrexar contactos en tempos de pandemia: protocolos centralizados (nos que a detección de contactos de risco faise nun servidor central) ou descentralizados (que a priori ofrecen maior privacidade xa que a detección ten lugar no teléfono de cada usuario). Fernando Pérez indicou que ambos modelos “comparten unha serie de problemas relacionados coa fiabilidade de estimación de distancias con sinais Bluetooth e vulnerabilidades de seguridade e privacidade que poden minar por completo a credibilidade do sistema”, ata o punto de que “resultan desaconsellables”, indicou, porque poden xerar unha falsa sensación de seguridade. A conclusión do profesor Pérez é que o anonimato que se garante nestas aplicacións, “aínda que desexables, fainas incompatibles co rastrexo manual, e polo tanto apenas podería aforrar traballo aos rastrexadores”.
O seminario en liña Estratexias de desescalado e comportamento social celebrouse esta tarde da man da RAGC na plataforma Zoom, a partir das 17.00 horas e presentado por Juan Lema Rodicio, presidente da academia. Germán Bou Arévalo, xefe do Servizo de Microbioloxía do CHUAC, abordou a cuestión dos criterios microbiolóxicos na desescalada; María José Pereira Rodríguez, xefa do Servizo de Medicina Preventiva do CHUAC, afondou na cuestión da vixilancia epidemioloxía que se precisa na pandemia; e José Sabucedo Cameselle, catedrático de Psicoloxía Social da USC, falou de cooperación ou enfrontamento social na crise sanitaria.
Os problemas das aplicacións de rastrexo na COVID-19 abordáronse nun webinar da RAGC
Compartir Este Artigo

