As nosas aulas son, cada vez máis, laboratorios-obradoiros de experimentación, con importantes colleitas anuais de contribucións innovadoras desenvolvidas pola comunidade de estudantes. Recoñecer estes importantes esforzos é o obxectivo dos premios aos proxectos de innovación tecnolóxica, científica e didáctica no ámbito da Formación Profesional que convoca a Consellería de Educación, que vén de dar a coñecer a resolución da nova convocatoria. En total, distínguese o traballo de 30 centros da nosa terra.
Inclúense na listaxe contribucións moi envorcadas no uso dos móbiles, como a do IES Félix Muriel de Rianxo, pola aplicación DiversidApp (unha ferramenta móbil de xestión doméstica e promoción da autonomía persoal para usuarios con diversidade funcional), ou a do CIFP Politécnico de Lugo, que achegou o proxecto Industria 4.0, unha app da Realidade Aumentada para o mantemento industrial.
O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica de 800.000 euros, é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades.
Modalidade A
Os proxectos puideron presentarse a dúas modalidades. A primeira delas é a de Innovación tecnolóxica ou científica. Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:
· Culleredo
IES Universidade Laboral
SMARTspringwater: Fonte de auga intelixente
· Culleredo
IES Universidade Laboral
Climatización eficiente con enerxías renovables de axuda persoal – CE2 RAP
· Ferrol
CIFP Ferrolterra
BENenBICI
· Ferrol
CIFP Ferrolterra
Adaptación de motor de gasolina a hidróxeno
· Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago
Xemelgo dixital na educación 4.0
· Santiago de Compostela
IES San Clemente
Contedores intelixentes
· A Coruña
CIFP Someso
Modelización dun vehículo-concepto con suspensión auto-balanceable
· Pontedeume
IES Fraga do Eume
Café 5.0
· Rianxo
IES Félix Muriel
DiversidApp: unha App de xestión doméstica e promoción da autonomía persoal para persoas con diversidade funcional
· Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Industria 4.0: Aplicación da realidade aumentada no mantemento industrial
· Lugo
CIFP As Mercedes
Efficiency energy dron
· Lugo
CIFP As Mercedes
Adaptación de brazo mecánico a fresadora
· Ourense
CIFP A Farixa
Sistema de monitorización e alertas para instalacións térmicas
· Vilamarín
IES de Vilamarín
O rexurdir das landras
· A Estrada
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Eco Urban furniture for schools
· Pontevedra
IES Montecelo
Aproveitamento da enerxía cinética residual dos vehículos
· Ponteareas
CIFP A Granxa
Proxecto Fénix: Mellora enerxética da valorización dos produtos agroecolóxicos da horta familiar.
· Vigo
IES Politécnico de Vigo
Aeroxerador doméstico de alto rendemento
· Vigo
CIFP Manuel Antonio
Produción biolóxica e sostible de afumados galegos
· Vilagarcía de Arousa
IES Fermín Bouza Brey
Prototipo de máquina de control de calidade e selección de froita
· Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Comparativa de equipos de CO2 para cámaras comerciais de conxelación
· Vigo
IES Ricardo Mella
Telerrobot con realidade virtual
· Pontevedra
CIFP Carlos Oroza
Elaboración de pans saudables empregando sales baixas en sodio
Modalidade B
A segunda modalidade, de Innovación didáctica, céntrase nas iniciativas que teñen como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:
· Carballo
IES Monte Neme
emeæi – Espazo multisensorial de experiencias e artes escénicas inclusivas
· Cee
IES Fernando Blanco
Plataforma de conectividade coa manobra K2
· Culleredo
IES Universidade Laboral
Aula SITMUGA: Aula didáctica de simulación de turbinas de gas
· Ferrol
CIFP Ferrolterra
Mordaza de precisión controlada mediante hidráulica proporcional.
· Ribeira
CIFP Coroso
Deseño dun modelo a escala de unidade de tratamento de Ar (UTA) de baixo custo
· Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago
Medición do tempo de reverberación
· A Coruña
CIFP Ánxel Casal – Monte Alto
Oír para vivir 4.0
· Fene
IES de Fene
A realidade aumentada aplicada na tecnoloxía hidráulica
· Lugo
CIFP As Mercedes
Fabricación avión aluminio a escala con estrutura real
· Lugo
CIFP As Mercedes
Maqueta funcional de tren de aterraxe con panel de control
· Viveiro
IES María Sarmiento
Eco vehículo
· Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Perruca e postizos, elaboración e mantemento
· Ourense
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Métodos analíticos de control medioambiental
· Vigo
IES Politécnico de Vigo
Deseño e aplicacións dos robots cartesianos: CNC de corte por plasma e paletizador industria 4.0.
Ponteareas
IES Pedra da Auga
Eficiencia enerxética en procesos electroneumáticos
· Ponteareas
IES Pedra da Auga
Instalación fotovoltaica para autoconsumo sen excedentes en vivenda monitorizada vía web
· Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Deseño, planificación e transformación dun container nun centro sanitario móbil autosuficiente enerxeticamente
· Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Implantación dun robot cartesiano e dous robots antropomórficos a unha inxectora de plásticos
· Marín
IES Chan do Monte
Ferramentas de márketing dixital utilizadas polas empresas. Adaptación as actividades de aula
· Pontevedra
CIFP Carlos Oroza
A mesa do Oroza
Educación distingue o empuxe innovador de 30 centros docentes de FP
Compartir Este Artigo

