A entidade estatal Red.es vén de lanzar un servizo de formación e orientación laboral para desempregados e outro para o emprego de mozos non ocupados. O orzamento de ambas as licitacións é de 36 millóns de euros e está co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) do período de programación 2014-2020. O obxectivo é impartir accións formativas gratuítas dirixidas á adquisición e mellora de competencias TIC, competencias persoais e empregabilidade, no ámbito da transformación e a economía dixital, así como a orientación e a inserción laboral.
No que respecta ao servizo de formación para persoas desempregadas, o contrato ten un importe de 11 millóns de euros e unha duración de 30 meses. Os cursos virarán ao redor da protección ante amezas, información a gran escala (Big Data), sistemas na nube, programación, mercadotecnia online, Industria 4.0 e Internet das Cousas (IoT).
A formación é gratuíta e os destinatarios dos cursos son persoas en situación de desemprego, cun mínimo de 250 horas mínimas de formación, 30 das cales ten que ser dun módulo de emprego.
No que respecta o servizo de formación para o emprego xuvenil na economía dixital, está dotado cun importe de 25 millóns de euros e persegue o desenvolvemento de actividades de formación en modalidade presencial e en liña, para a adquisición e mellora de competencias TIC e a prestación dun servizo de orientación laboral.
Tanto as accións formativas, como o servizo de orientación, pretenden fomentar o emprego e están dirixidas a persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e que cumpren os requisitos establecidos para poder inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Cada curso de formación consta como mínimo de 250 horas lectivas, das cales, polo menos 220 deberán dedicarse ao contido específico da temática do curso e un mínimo de 30 á empregabilidade (mellora das digital skills, competencias profesionais dixitais, mellora dos CV, realización de presentacións atractivas, entre outros).
Red.es destina 36 millóns de euros á nova formación en economía dixital
Compartir Este Artigo

