
O Efecto PO2 vén da man da Concellaría de Promoción da cidade que xestiona Anabel Gulías. A iniciativa foi posta en marcha en setembro, coincidindo coa folga e a mobilización mundial en defensa do clima.
Naquel momento, o Concello impulsou o proxecto Efecto PO2 como “concepto que aglutina o modelo de cidade xunto á necesidade de actuar localmente a prol do clima e na mellora do planeta”. A web impulsada agora recolle todos os fitos relacionados coa marca e a vertente green de Pontevedra, como a concesión do primeiro premio Urban Road Safety Award da Comisión Europea á cidade.
Tamén se plasman outros eventos realizados ata o de agora baixo a marca Efecto PO2 como as charlas do CSIC nos institutos ou o traballo dos alumnos e alumnas de Primaria sobre a contaminación, que se expuxo en febreiro nas Palmeiras.
Outro dos elementos que inclúe a nova páxina son as novas relacionadas co Efecto PO2 ou recursos gráficos como os carteis da última campaña.
No epígrafe Destacados recóllense os programas que pon en marcha a marca como o Observatorio PO2.
Lanza web a marca pontevedresa PO2, o distintivo local polas cidades limpas
Compartir Este Artigo

