
Amais, en previsión da evolución futura da pandemia, substitúense os premios que figuran no artigo 3 das bases e implican desprazamento e concentración de grupos de alumnado e profesorado por outros nos que non se dá esta circunstancia. Os galardóns para os centros pasarán a ser os seguintes:
1.º Premio. Cheque-regalo de 1.000 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.
2.º Premio. Cheque-regalo de 600 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.
3.º Premio. Cheque-regalo de 400 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.

Froito da vontade de mobilizar a participación da comunidade educativa xorde o certame de curtas, unha iniciativa na que se valora non só a capacidade dos escolares de plasmar a importancia paisaxística, natural e histórica das etapas, senón tamén o elemento lingüístico: “Entre todos os valores culturais e naturais que se atopan neste percorrido, o galego destaca necesariamente como vehículo de relación e de expresión, como un valor patrimonial común a todos os territorios, un patrimonio que hai que coidar e valorizar”, faise saber nas bases do concurso, impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura e Turismo), e a Dirección Xeral de Educación, Formación e Innovación Educativa (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional).
Os seus obxectivos son:
-Pór en valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda dos Faros.
-Dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa.
-Promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación.
-Favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes.
-Fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas.
-Estimular a participación e o traballo conxunto entre o alumnado.
Política Lingüística amplía ata o 30 de setembro o prazo do concurso de curtametraxes Senda dos Faros
Compartir Este Artigo

