
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, forma parte do profesorado do mestrado que terá aberto o seu prazo de preinscrición ata o 31 de agosto. O labor formativo de Suárez, a día de hoxe director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense (e tamén director do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática), centrarase no módulo do mestrado adicado á análise de riscos e avaliación de impacto no tratamento de datos.
O mestrado tamén contará (entre outros) con Ignacio Alamillo Domingo (auditor de Sistemas de Información e director de Seguridade da Información certificado, CISM, por ISACA) ou Daniel Neira Barral, doutor pola Universidad de Santiago de Compostela (USC) e ex responsable da Área de Transparencia, Acceso á Información e Novas Tecnoloxías do Valedor do Pobo.
O CPEIG colabora coa USC no mestrado non presencial sobre protección de datos
Compartir Este Artigo

