O Concello de Gondomar vén de achegar novidades importantes para a xente nova ao abeiro do seu traballo por “facilitar a conciliación familiar neste proceso de adaptación á nova normalidade imposta pola COVID19”. Dende a Concellería de Xuventude anuncian que desenvolverán neste tempo estival dous campus dirixidos a mozos e mozas de entre 8 e 17 de anos nos meses de xullo e agosto, “suxeitos a protocolos específicos e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias”. Un deles, o primeiro en realizarse, do 27 ao 31 de xullo, será un Campus Tecnolóxico.
Ao abeiro das actividades do seu programa, as e os participantes poderán iniciarse nos segredos e posibilidades da robótica, crearán videoxogos e animacións, traballarán no deseño e Impresión con 3D. Vai dirixido a mocidade entre 8 e 13 anos e en horario de 10:00 a 13:00h.
As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 13 e 23 de xullo cubrindo os anexos que se poden pedir na OMIX (Casa da Cultura) e presentándoos xunto a fotocopia DNI ou libro de Familia e volante de empadroamento no rexistro xeral do Concello de Gondomar.
Gondomar organiza un campamento de tecnoloxía para a rapazada
Compartir Este Artigo

