O Concello de Marín vén de habilitar unha ferramenta tecnolóxica para expedir certificados electrónicos á cidadanía. O obxectivo desta iniciativa foi incrementar a listaxe de recursos dixitais que ten ao seu dispor a cidadanía, “facendo posible que ás veciñas e veciños realizar con normalidade e rapidez os seus trámites administrativos”.
Baixo a devandita premisa, o Concello vén de crear a Oficina de Rexistro para a Expedición de Certificados Electrónicos de Persoa Física para a Cidadanía, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da nosa Comunidade.
“Con esta iniciativa”, explicaron dende o Goberno local, “trátase de dar todos os medios electrónicos necesarios para que os habitantes de Marín poidan realizar os trámites online, tanto na propia sede virtual do Concello coma no resto de portais das distintas administracións, como a AEAT (Axencia Tributaria) ou a Seguridade Social”.
Os requisitos para a expedición do certificado é ser maior de idade e estar empadroado en Marín, ou, polo menos, ter vencellos laborais co municipio. O procedemento consiste en realizar unha solicitude nunha ligazón específica da web do Concello e logo concretar unha cita para verificar os datos do certificado do documento de
Marín habilita unha ferramenta para expedir certificados electrónicos á cidadanía
Compartir Este Artigo

