A operadora R vén de incrementar a cantidade fogares e negocios e Cambados con posibilidade de a conectarse á súa fibra óptica FTTH. O núcleo de Serantellos, no termo municipio pontevedrés, xa dispón de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps e pode desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R. O despregue destes equipamentos levouse a cabo “aproveitando ao máximo as infraestruturas deste lugar cambadés.
Deste xeito, arredor de 45 novos fogares e negocios de Serantellos quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 500 Mbps simétricos e televisión dixital multicanle de R. A esta cantidade sumaránselle outros 455 inmóbeis que se incorporarán en datas vindeiras (115 deles nos núcleos da Seca e A Veiga en agosto), co que a peche de ano haberá 500 residencias particulares e empresas conectadas a estas redes avanzadas.
O operador galego leva anos investindo no fornecemento de rede en Cambados, onde a día de hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova xeración de R un total de 2.410 fogares e empresas deste municipio da provincia de Pontevedra.
Este e outros despregues na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar, antes de 2021, a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregue en Cambados encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea.
Un segundo proxecto fala igualmente do abastecemento de banda larga de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€.
O terceiro dos proxectos adxudicados desenvolverase en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.
R fixo saber que arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa.
R incrementa a cantidade fogares e empresas de Cambados que conta coa súa fibra óptica
Compartir Este Artigo

