A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) vai organizar un webinar sobre novas ferramentas avanzadas de cálculo e as súas posibilidades para que as empresas acaden máis competitividade, coñecemento útil e rendibilidade. O seminario en liña Supercomputación para empresas: Tecnoloxías e oportunidades de negocio desenvolverase coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Celebrarase o vindeiro martes 6 de outubro ás 11.00 horas.
Programa da xornada
· 10.55 h. Conexión telemática de asistentes
· 11.00 h. Presentación. Julio Sánchez Agrelo, presidente AETG/decano COETG
· 11.05 h. Presentación. Mauro Fernández Dabouza, director xerente CESGA
· 11:10h. O CESGA, Centro de Competencias en Supercomputación: Proxecto EuroCC. Ignacio López Cabido, subdirector técnico.
· 11:30h. Oportunidades para Empresas: Proxecto FF4EuroHPC. Andrés Gómez Tato, responsable de Aplicacións e Proxectos.
· 11:50h. Quenda de preguntas.
· 12:00h. Clausura.
A conexión realizarase a través de Zoom. Previo ao inicio da xornada, remitirase unha ligazón para conectar ás persoas inscritas.
O webinar vén da man da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) e enmárcase no plan de accións de difusión de 2020, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2020.
As posibilidades da supercomputación para as empresas, polo miúdo nun webinar da AETG
Compartir Este Artigo

