A Real Filharmonía de Galicia vai retransmitir os 24 concertos desta temporada en directo por streaming en aberto e para todo o público. As entradas para cada concerto poranse á venda os luns ás 10.00 horas na web de Compostela Cultural, con aforamento limitado para 60 persoas.
O obxectivo deste servizo online entronca directamente con estas restricións motivadas pola COVID e coa necesidade de compensar as limitacións con medidas que garantan chegar á meirande cantidade de público posible. Deste xeito, as dúas ducias de concertos programados pola RFG na súa sede (o compostelán Auditorio de Galicia) serán retransmitidos en directo por streaming, sendo posible velos e escoitalos a través da canle da Real Filharmonía en Youtube, no seu Facebook e, tamén, a través da Plataforma Tolemias e a súa aplicación para iOS e Android. Pódese consultar o programa da temporada 2020-2021 da RFG na súa propia páxina web.
A Real Filharmonía de Galicia achegará en streaming os 24 concertos da actual tempada
Compartir Este Artigo

