A Universidade da Coruña (UDC) activou este luns unha iniciativa tecnolóxica para incrementar a seguridade do seu alumnado. En concreto, incorporou códigos QR nas aulas de estudo para o rexistro das e dos estudantes, co obxectivo de seguir a rastrexabilidade (trazabilidade) no caso de posibles contaxios de COVID-19.
O alumnado deberá rexistrarse ao chegar e ao saír da aula para que quede gravada a hora de acceso e de saída. Este proceso deberá facer cos móbiles de cada quen.
Para rexistrarse, os estudantes terán que escanear cos seus smartphones o código QR que os dirixirá ao formulario de rexistro.
Ademais, debido á actual crise sanitaria provocada pola COVID-19, limitáronse as prazas dispoñibles para cumprir coas normas de distanciamento e o acceso ás aulas de estudo está limitado á comunidade universitaria da UDC e ao alumnado doutras universidades coas que exista convenio.
A UDC incorpora códigos QR nas aulas de estudo para avanzar en rastrexabilidade da COVID
Compartir Este Artigo

