O comercio electrónico é e será o gran protagonista dunha economía marcada pola COVID. Así o entenden os organizadores da xira eCommerce Tour, que recalará en Vigo o 12 de novembro en formato virtual, xuntando “aos líderes en transformación dixital e comercio electrónico de Galicia”. Entre as empresas que van participar falando das súas experiencias atópanse a coruñesa Hijos de Rivera, a conserveira ribeirense FRINSA, Fuikaomar, Frinsa, SoloImprenta, Biocryptology, Natinnova ou CDiscount falarán durante o evento dos seus casos de éxito e a súa propia experiencia no comercio electrónico.
Organizado por Ecommerce News, o evento celebrarase a través dunha plataforma 100% virtual debido á situación provocada pola COVID-19, baixo a lema #NadaNosVaAParar. Cunha convocatoria que pretende alcanzar os 300 asistentes virtuais, a cita desenvolverase completamente online a través de Eventtia e contará con salas virtuais, streaming en directo, zona de sponsors, coffee break virtual e a oportunidade de facer traballo en rede.
A asistencia está dirixida a profesionais, retailers, emprendedores e startups con estratexias dixitais, que ao mesmo tempo terán a oportunidade de facer networking, coñecer casos de éxito e compartir coñecementos con outras empresas do sector.
O evento desenvolverase en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Os referentes galegos da transformación xúntanse o 12 de novembro no eCommerce Tour Vigo
Compartir Este Artigo

