O festival de contidos en liña Carballo Interplay, que este ano tamén adaptou o seu programa formativo á situación actual, ofrecerá a semana vindeira un obradoiro sobre Como emitir en streaming sen morrer no intento, impartido por Jorge Boquete entre o mércores 18 e o xoves 19.
O curso, de 12 horas de duración, ten un custe de 25 euros e a el poden asistir un máximo de 12 persoas, que aprenderán as claves para emitir contidos audiovisuais en liña de xeito semiprofesional. As persoas interesadas poden consultar o programa completo e os requisitos técnicos na web do Carballo Interplay, onde tamén poderán formalizar a inscrición.
Grazas a este curso os asistentes terán ocasión de coñecer o funcionamento do streaming e a importancia de configurar un hardware adaptado as necesidades técnicas, os diferentes software para realizar este tipo de emisións e as diferentes posibilidades que nos dá cada un deles e, tamén, nocións básicas de realización televisiva. Ademais levarase a cabo un caso práctico no que os participantes crearán un formato de entretemento con invitados e colaboradores non presenciais para emitir por streaming nas últimas sesión do obradoiro.
O CIP de Carballo achegará un obradoiro sobre metodoloxías para emitir en streaming
Compartir Este Artigo

