Hoxe arrinca o ciclo de divulgación Luis Asorey, impulsado pola Real Academia Galega de Ciencias coa colaboración da Deputación de Lugo. A actividade foi inaugurada polo deputado de Promoción Económica Pablo Rivera, que fixo saber que as xornadas céntrase en analizar os grandes retos actuais da agricultura, a gandería, o sector forestal e a alimentación. A asistencia é de balde e as xornadas desenvólvense, co fin de garantir a seguridade sanitaria, en formato online, podéndose seguir nunha ligazón específica habilitada polas entidades organizadoras.
Rivera Capón subliñou que “dende a Deputación enmarcamos estas xornadas na nosa aposta decidida por xerar oportunidades económicas e de emprego no noso rural, aproveitando os recursos naturais cos que contamos na provincia de Lugo”. A entidade provincial, engadiu, apoia este ciclo dentro “do compromiso da institución provincial coa divulgación e a investigación científica, sobre todo no eido do desenvolvemento urbanístico e territorial sustentable”.
Hoxe celebrouse a conferencia inaugural a cargo do doutor enxeñeiro de montes e catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (USC) e membro de número da Real Academia de Ciencias Antonio Rigueiro, que se centrou nos sistemas silvopastorais e das prácticas silvoecolóxicas sustentables.
A RAGC e a Deputación de Lugo activan as actividades online do ciclo Asorey
Compartir Este Artigo

