
Segundo fixo saber a alcaldesa Lara Méndez, trátase dunha serie de “equipos para contribuír á renovación dos dispositivos actuais” e “cos que se pretende non só avanzar na implantación da Administración Electrónica senón tamén dotar ao persoal de ferramentas áxiles para que poidan desenvolver o seu traballo coa maior eficacia posible en beneficio da cidadanía”.
A adquisición do material foi adxudicado á empresa Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España SAU, por valor de 218.551’75 €. A empresa deberá facer entrega dos equipos informáticos nun prazo de doce semanas dende a data de sinatura do contrato.
O Concello de Lugo dota os servizos municipais de 300 computadores novos
Compartir Este Artigo

