
A primeira convocatoria do congreso chegou ao seu punto e final deixando intensas xornadas de debate, convertidas nun espazo de intercambio de ideas e propostas centrado nas posibilidades de Galicia dentro do novo marco económico que se abre a partir das innovacións tecnolóxicas e os cambios que trouxo a crise da COVID-19.
O congreso, sinalou a organización, “achegou interesantes reflexións sobre os desafíos éticos e políticos que expoñen todos os cambios que vivimos os últimos meses e como poden combinarse todos eles nun gran reseteo da sociedade, exposto desde unhas bases sustentables”.
Luis Álvarez Sestelo, presidente da asociación galega de empresas tecnolóxicas Ineo abordou as posibilidades que se abren coa aplicación real da tecnoloxía 5G, destacando un concepto base: as vantaxes de compartir. Segundo fixo saber, compartir datos ou información é o alicerce básico que levará ao crecemento. Sestelo explicou a evolución desde a primeira xeración de telefonía móbil ata a chegada ao 5G e como puido darse cada avance, para concluír que “chegamos agora ao 5G usando recursos diferentes aos de anteriores xeracións”. Segundo engadiu na súa presentación, neste momento o stres aspectos nos que se traballa son lograr un maior largo de banda, conseguir “unhas comunicacións ultraconfiables e de baixa latencia” e que se permita gran conectividade entre dispositivos. “Con todo isto”, afirmou, “os mercados que xa naceran poderán evolucionar dunha maneira notable”.

Esta primeira edición finalizou coas reflexións sobre emprendemento de Carlos Blanco, emprendedor e investidor no sector das novas tecnoloxías, que detallou na súa charla os principais erros que adoitan cometer os emprendedores, como a elección de socios, o momento para emprender, a organización do equipo e a importancia de valorar a mercadotecnia desde o principio, “todos eles aspectos clave para levar a bo termo un negocio”. Sobre a localización indicou que desde lugares que non sexan Madrid ou Barcelona sempre será algo máis complicado atopar talento e financiamento “pero os emprendedores non deben dubidar en buscalo noutros puntos, para crear equipos con visión global e poder optar a máis posibilidades de investimento”.
Tamén se referiu aos sectores mellor situados neste momento, entre os que destacou o da saúde (software médico e healthcare), a educación, e os relacionados con loxística e comercio electrónico.

A vicerreitora da Universidade de Vigo, Natalia Caparrini, reflexionou na mesa sobre as carreiras de futuro e a brecha de xénero nas denominadas STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) e como animar ás mozas a incorporarse nestas disciplinas a través do programa InspiraSTEAM de mentoras e charlas en colexios, que desenvolve a Universidade de Vigo.
O territorio foi protagonista na presentación de María Rodríguez e Edo Sadikovic. Ambos explicaron o seu proxecto Sende, e como Senderiz, unha aldea de 20 habitantes no Xurés, converteuse nun destino de referencia internacional, un espazo para traballar e vivir, por onde pasaron nestes anos máis de 3.000 persoas que buscan un espazo diferente. Amais, anunciaron que en 2021 abrirán un novo espazo de coliving e coworking en Setúbal, Portugal, cunha filosofía similar á de Sende.
Como peche do programa matinal do congreso, Fernando Suárez, presidente do CPEIG e do CCII, explicou con detalle “o plan para converter a Ourense en provincia intelixente, aproveitando ao máximo todos os recursos do territorio”. Suarez sinalou que se busca lograr que a provincia “sexa un destino de investimento atractivo para as empresas que chegan pero tamén para as de aquí, cun plan baseado nos recursos propios, no valor do territorio e a capacidade de innovación”.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou na xornada de clausura do congreso, que definiu como “un punto de encontro para reflexionar sobre os desafíos éticos e políticos que expoñen os cambios que vive a sociedade como consecuencia da crise da COVID”.
Remata Utopía Noroeste mostrando as posibilidades das novas ferramentas para saírmos fortalecidos da crise
Compartir Este Artigo

