
A firma deste acordo referenda “o compromiso de R coa contorna empresarial do territorio, máis aló da actividade institucional”, e a aposta conxunta coa APD por “promover o intercambio de coñecementos e experiencias das persoas que desenvolven tarefas de alta dirección nas empresas”.
Entre as actividades que se van desenvolver en Galicia neste novo treito de colaboración R-APD destacan os coloquios do Club CEO, destinados á alta dirección das empresas. Nestas xuntanzas ofrecerase o relatorio dunha directora ou director executivo (CEO) arredor dun tema de actualidade empresarial ou sobre novas tecnoloxías e o proceso de dixitalización, acelerado nos últimos meses polos requirimentos laborais da pandemia da COVID-19.
Tamén celebraranse proximamente en ambos os dous territorios do noroeste os chamados Encontros APD Talks, coa mesma idea de fomentar o contacto con especialistas para discutir e reflexionar sobre posibles solucións na empresa a retos do mundo actual; á vez compartiranse ferramentas e coñecementos acerca das tendencias que están a cambiar as persoas e as empresas a día de hoxe.
R e APD volven xuntar forzas para axudar ás empresas galegas no seu avance transformador
Compartir Este Artigo

